viernes, 23 de febrero de 2018

O AMOR NOS ESCUROS DÍAS DE BIRKENAU

Os membros do Club de lectura sénior reúnense para pór en común as impresións e valoracións sobre a novela O amor nos escuros días de Birkenau de Alberto Canal. Como non podía ser doutra maneira nunha obra que describe a barbarie xenocidia, adentrámonos nun mundo de medo, torturas, enfermidade, odio, traizóns, morte... pero tamén de amor ("A mirada", "O desexo de intimar" e "A necesidade de tanscender"), de solidariedade, de esperanza a través da rebelión e de arte (o teatro, a fotografía, a música e a lectura) na busca da liberdade.
O encontro contou ademais coa presenza do autor que respondeu todas as nosas preguntas e nos proporcionou valiosa información sobre o proceso creativo, dende a idea que xorde na súa viaxe aos campos de concentración e exterminio situados na Alta Silesia, a documentación empregada e as decisións na caracterización dos personaxes. 
En definitiva, unha lectura e un encontro valiosos que o club de lectura recomenda.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario