viernes, 30 de junio de 2017

Club de lectura sénior

Deixamos constituído o Club de lectura con persoas adultas da vila de Maceda, coa inestimable axuda da bibliotecaria pública, Avelina Losada López, que tamén formará parte xunto con Mª Dolores Pérez Ramos, Alicia Garrido Ruido, Mª del Mar Pereira Gil, Lucas Domínguez González, Mª Luisa Garrido Prieto e Aurora Garrido Prieto. Do instituto, as tres mediadoras, Charo Expósito, Yolanda Sanisidro e Chus Sarmiento.
A primeira lectura, O amor nos escuros días de Birkenau, unha novela dun autor local, Alberto Canal, con quen esperamos encontrarnos á volta das vacacións.


jueves, 29 de junio de 2017

Premios San Clemente

As alumnas do Club de lectura veñen de recoller os exemplares dos finalistas nos Premios San Clemente, organizados polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, para comezar a súa lectura nas vacacións de verán. Parabéns ás afortunadas.



Dúas alumnas formarán parte do xurado de Novela en Lingua Galega:

Dúas farano no de Novela en Lingua Castelá:

E as outras dúas, no de Novela en Lingua Estranxeira: