martes, 30 de mayo de 2017

As laranxas

O alumnado de 1º ESO A quixo homenaxear a Carlos Casares coa lectura dramatizada e ilustracións para As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.


jueves, 25 de mayo de 2017

Acollida

Xa tivo lugar a acollida do alumnado de 6º de Educación Primaria que visita o centro. Na biblioteca coñeceron as diferentes zonas e servizos que ofrece e coa roseta da CDU entenderon como se organizan os documentos. Finalmente, recibiron os premios do concurso literario Joao de Novoa organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.





lunes, 22 de mayo de 2017

As galas do defunto

O alumnado de 4º de ESO e de Literaturas Hispánicas de 1º Bacharelato asistiu á representación de As galas do defunto de Valle-Inclán levada ás táboas polo Centro Dramático Galego.


miércoles, 17 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS

Celebramos o Día das Letras con imaxes de actividades que o alumnado está a desenvolver para coñecer a obra e homenaxear a figura de Carlos Casares. 
Visita tamén O cartafol do vento.



Ilustración: Álex Souto de Dios, 1º ESO B








                         











martes, 9 de mayo de 2017

Librarías

O alumnado colaborador da biblioteca que viaxou a Francia coa profesora de Francés, Trinidad González, ofrécenos estas imaxes de librerías parisinas. Merci!




                              Imaxes: María García Mojón.

Que se vexa o galego!

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua vén de publicar as bases deste concurso. Leas e participa!


Letras Galegas 2017

No mes das Letras Galegas comezamos a conmemoración coa publicación dun vídeo elaborado no IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, un traballo cooperativo de alumnado e profesorado sobre a figura e obra de Carlos Casares. Parabéns!!!