lunes, 20 de marzo de 2017

Voluntariado na biblioteca

No Palacio de Congresos de Santiago celebráronse os Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, símbolos da luz e do coñecemento humano, necesarios para guiarse na escuridade. Unhas xornadas de formación para compartir experiencias positivas nas que a biblioteca do IES San Mamede presentou a súa experiencia co alumnado voluntario.

miércoles, 15 de marzo de 2017

Encontro con Marcos Calveiro

Un curso máis, volve Marcos Calveiro ao noso centro para encontrarse coas lectoras e lectores das súas obras, Todos somos e O pintor do sombreiro de malvas.






Situación da muller

O alumnado de 2º ESO buscou noticias para analizar a situación da muller no noso país; recolleu a fonte de información e publicou a súa investigación en Calameo. Eis algúns deses traballos onde se conmemora a Semana da Prensa e o Día da Muller.

lunes, 13 de marzo de 2017

A ferida do vento

En Xinzo tivo lugar o encontro do club de profesoras con Antón Riveiro Coello, autor de A ferida do vento, unha novela con personaxes memorables, incluído Carlos Casares, que amosa o paso da infancia á adolescencia de Antón a finais dos setenta.





viernes, 10 de marzo de 2017

Día da Muller

Conmemoramos o Día da Muller no IES San Mamede cun paro simbólico e a lectura dun manifesto, pero ademais o alumnado de 2º Bacharelato realizou un traballo de investigación para analizar a situación actual en diferentes ámbitos da sociedade que publicaron no taboleiro da biblioteca.